Obradoiro |
Elaboración de discursos propios nas linguas A e B. |
20 |
|
|
C1 C20
|
D1 D6 D7 D8 D9 D11 D13 D14 D15 D16 D17 D21 D23
|
Práctica de laboratorio |
Realización dunha proba final de interpretación consecutiva entre as linguas B e A.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superada esta proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
Apto necesario (é imprescindible obter un 5 nesta proba para aprobar a materia).
No caso de obter nela unha nota máis alta que a da práctica de interpretación consecutiva na clase, a nota da proba final pasará a contar un 70%. |
40 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C6 C8 C13 C17 C20
|
D4 D6 D7 D11 D15 D22
|
Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente todas e cada unha das seguintes tarefas ou probas: participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación bilateral, intervencións nas linguas A e B como simulacros de encontros interpretados, exercicio de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación; todas elas deberán realizarse segundo a secuenciación proposta na clase para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio. Tanto a avaliación única (para aquel alumnado que renuncie á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación bilateral dun encontro entre falantes das linguas A e B e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. |