1. Avaliación continua: A participación dos/as estudantes en algunha das actividades da avaliación continua que se realizaren a partir da segunda semana de aulas implicará a súa participación nesta modalidade de avaliación. No caso de obter no conxunto das probas unha nota media igual ou superior a 5/10, hase considerar que o/a estudante ten pasado a avaliación continua. Trátase da media ponderada decorrente das percentaxes indicadas para cada tipo de probas. De non pasar a avaliación continua, o/a estudante deberá submeterse à avaliación de todo o temario na convocatoria de xuño/xullo. No caso de ser detectado plaxio ou copia en algunha das tarefas da avaliación continua, sen existir algunha especificación que o xustifique na formulación da tarefa encomendada, o estudante perderá a convocatoria, podendo acudir á convocatoria de xuño/xullo. 2. Avaliación única: Os/as estudantes que non tiveren realizado nengunha das probas ou tarefas indicadas no programa para a avaliación continua a partir da segunda semana de aulas, poderán acudir á avaliación única. Esta proba consistirá nunha ou en varias tarefas de resolución de problemas e/ou exercícios, representando 100% da calificación da materia. No caso de ser detectado plaxio ou copia en algunha das tarefas da avaliación única, sen existir algunha especificación que o xustifique na formulación da(s) tarefa(s), o estudante perderá a convocatoria, podendo acudir á convocatoria de xuño/xullo. 3. Convocatoria de xuño/xullo O/a estudante que non conseguir pasar a materia na convocatoria de maio poderá acudir co conxunto da materia á convocatoria de xuño/xullo. Esta proba consistirá nunha ou en varias tarefas de resolución de problemas e/ou exercícios, representando 100% da calificación da materia. No caso de ser detectado plaxio ou copia en algunha das tarefas da proba correspondente á convocatoria de xuño/xullo, sen existir algunha especificación que o xustifique na formulación da(s) tarefa(s), o estudante perderá esta convocatoria. |