Resolución de problemas |
As encomendas de tradución individuais e o traballo en equipa poñen á proba a adquisición dos conceptos e destrezas manexados nos problemas e exercicios. |
-- |
|
|
|
|
Traballo tutelado |
Elaboración en equipa e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun folleto de divulgación técnico-científica. |
25 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C2 C3 C4 C5 C8 C14 C17 C22 C28
|
D2 D5 D6 D7 D8 D12
|
A presente disciplina pode
cursarse, na primeira chamada anual, en rexime de avaliación
continua (en que se
valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas)
ou de avaliación final única (exame oficial). No entanto, na chamada de xuño/xullo
só é posíbel o rexime de avaliación final única (exame oficial). Na primeira chamada anual, enténdese que un alumno opta polo rexime de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais, traballo en equipa). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na media aritmética das clasificacións nas tres encomendas de tradución individuais (presenciais, con material de consulta impreso, sen auxilio de computador [cada unha das cales, 25 % da clasificación global]) e no traballo en equipa (25 %); non obstante, no caso de a media aritmética das clasificacións nas tres encomendas de tradución individuais ser inferior a 4,9 pontos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de tres clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocación de xuño/xullo (de cuxa parte teórica ficarán eximidos no caso de teren apresentado, no correspondente ano lectivo, un traballo en equipa con clasificación da sección do comentario tradutivo de 5,0 pontos ou superior) ou acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas chamadas. (As encomendas de tradución individual serán lanzadas entre a penúltima semana lectiva de marzo e a última semana de abril, e o traballo en equipa será exposto e entregado na terceira semana de maio). O exame oficial da disciplina (chamadas de maio [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato] e xuño/xullo [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica (75 % da clasificación global) e --se o aluno non estiver isento por ter apresentado no mesmo ano traballo en equipa cunha sección de comentario tradutivo satisfactoria (v. supra)-- dunha parte teórica a redixir en galego (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para cuxa realización o alunno deberá comparecer provido dalgún dicionario impreso de alemán (bilingüe), consiste na tradución presencial para galego dun texto redixido en alemán destinado á socialización do coñecemento técnico-científico, realizada sen auxilio de computador. |