Análise contrastiva e tradutiva dos caracteres esenciais dos textos alemáns destinados á socialización do coñecemento técnico-científico |
Constitución e tradución das unidades lexicais de especialidade. Sintagmas nominais complexos. Alcance e restritividade da modificación nominal. Verbos modais. Aspectos da cohesión textual. |
Análise dos problemas e das estratexias da tradución de textos alemáns destinados á socialización do coñecemento técnico-científico |
Características dos (sub)xéneros «(artigo de) enciclopedia», «manual de instrucións de utilización de produto da técnica (de uso xeral)», «bula de medicamento», «artigo de divulgación», «libro de divulgación» e «libro de texto» en alemán e en galego. Problemas e estratexias de tradución. |