Forma parte do traballo autónomo do alumnado tanto a lectura de libros, diarios, blogs e revistas da actualidade social, científica e económica coma o visionado de películas e series das culturas francesa e galega.
Dadas as características da materia, é necesario que quen decida cursala a través do sistema de avaliación continua se integre e participe desde a data de inicio do cuadrimestre.
Nivel de francés mínimo recomendado para matricularse nesta materia: nivel B2 segundo o Marco Común Europeo de Referencia.
Recoméndaselle ao alumnado que tramite a sinatura dixital (http://www.fnmt.es/ceres) como posible procedemento para acreditar a súa identidade en caso de ter que realizar probas a distancia.