A presente materia pode cursarse, na primeira convocatoria anual, en réxime de avaliación continua (en que se avaliará
fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación
única (exame oficial). No entanto, na convocatoria de xuño-xullo só é posible o réxime de avaliación única (exame oficial).
Na primeira convocatoria anual enténdese que a/o estudante opta polo réxime de avaliación continua cando realiza algunha
das actividades da avaliación continua. Para superar a avaliación continua, a/o estudante deberá obter o aprobado na media
aritmética ponderada das cualificacións nas diferentes probas (ningunha das cualificacións parciais poderá en principio ser
inferior a 4 sobre 10). As/os estudantes que non superen a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán
realizar o exame oficial da convocatoria de xuño-xullo.
O exame oficial da materia (convocatorias de maio [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xuño-xullo [data, hora
e lugar establecidos polo Decanato]) constará dunha parte práctica (100%) consistente nunha ou dúas traducións sobre temas
tratados na clase.
A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha
cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así
como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Debido ao carácter práctico da
materia e á necesidade de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia á
clase, se ben esta non é obrigatoria.
Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do
seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español. |