O estudantado de avaliación continua ten que entregar, en prazo e en MOOVI, todas as tarefas availables. Se podería cambiar alguna data de entrega se fose necesario por cuestións organizativas xa que o calendario da FFT non está publicado. A asistencia e participación nas tarefas de aula terase en conta de xeito positivo na nota final. Se o estudantado non pode seguir este sistema de avaliación a cualificación será únicamente a cualificación do exame final de maio, o que tamén se aplicará ao estudantado que se presente ao exame de xullo. A data da proba da avaliación única (maio/xullo) será a fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. Terá unha parte teórica e outra práctica. A parte teórica versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade e que estarán dispoñibles en MOOVI no cartafol correspondente (e a novela obrigatoria). O alumno terá que redactar esta parte en inglés. O exame teórico será en papel. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (en inglés). O alumnado poderá utilizar fontes telemáticas. O estudantado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30 % do exame e a práctica o 70 %. Non se mantenrán as partes aprobadas para a convocatoria de xullo. Ao alumnado que siga a avaliación continua gardaranselle as partes superadas para a convocatoria de xullo, sempre que estea aprobada polo menos unha encomenda. Terá que repetir o exame suspenso e manteranse as demais notas do curso. No caso de que aprobara a exame, pero as notas da avaliación continua non chegaran para aprobar, terá que realizar unha encomenda (a suspensa) en xullo e entregala na data do exame oficial. Manteranse as demais notas. Se están as dúas encomendas suspensas terá que presentarse á proba única en xullo. As datas de entrega das encomendas e a proba serán as mesmas para os dous grupos. O alumnado escollerá a novela obrigatoria. A novela ten que ser unha tradución ao inglés dunha novela escrita orixinalmente en castelán. En todas as probas e tarefas catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (un 3,5/10). Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través de Moovi, así como estar ao tanto das datas das probas de avaliación. |