A materia impartirase en inglés. As datas das probas serán fixadas pola docente ao longo do curso e publicadas en Moovi. O alumnado de avaliación continua ten que entregar, en prazo e na aula, TODAS as tarefas solicitadas pola profesora. En ningún caso, as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de aprobado/a será acadada por quen supere todas e cada unha delas. A proba de avaliación única (o alumando que escolla acollerse a esta modalidade de avaliación deberá comunicalo por correo electrónico á docente antes de 29 de setembro de 2023) será nas datas oficiais establecidas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A parte teórica versará sobre as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade. O alumnado terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto ou de varios textos que siga a tipoloxía dos contidos da materia. O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios), pero non fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba para facer media. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%. O baremo é o mesmo ca o empregado na materia Tradución LA1-LA2 (de primeiro cuadrimestre). En todas as probas e tarefas, catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (3,5/10). Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios (totais ou parciais), a cualificación será 0. Os termos de esixencia máxima para a avaliación aparecen detallados nesta guía docente. Con todo, a docente poderá suavizalos en función do seu criterio académico. A data de revisión opcional de probas e exames indicararse a través de Moovi e será presencial. |