- A copia ou o plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
- Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística.
- É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.