Nas dúas primeiras semanas de clase, todas as persoas matriculadas deberán cubrir os seus datos persoais na plataforma de teledocencia e subir unha foto (primeiro plano, recoñecible). Non se avaliará ningunha persoa que non cubra eses datos e suba unha foto. Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación única os exames poderán realizarse a través da plataforma de teledocencia Moovi (https://moovi.uvigo.gal/), da plataforma de exames BeA (https://bea.det.uvigo.es) ou do portal en liña do Programa de xestión de memorias de tradución Phrase (https://www.phrase.com). Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en todas as actividades previstas na materia, tanto na clase presencial como a través das plataformas Moovi, BeA e Phrase. Nas distintas probas propostas será imprescindible responder todas as preguntas. Salvo que se indique outra cousa, pódese responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia. Con respecto á corrección dos exames e exercicios, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua española. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame ou exercicio. Ademáis, esta materia defende e promove o uso da linguaxe inclusiva, que será obxecto de explicación, análise e avaliación. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais nas preguntas prácticas pero non nas teóricas. No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame na data fixada no calendario ofical da facultade. O exame terá unha entre unha e tres preguntas prácticas. Haberá que contestar todas as preguntas obrigatoriamente. O exame, obrigatorio para todo o alumnado, realizarase na data fixada no calendario oficial da facultade. Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada pola facultade. O exame terá unha entre unha e tres preguntas prácticas. Haberá que contestar todas as preguntas obrigatoriamente. . |