Única materia non especializada ao longo da carreira que combina a tradución do castelán cara ao galego.
Os contidos estrutúranse en tres bloques: un introdutorio, outro sobre linguas de tradución castelá e galega e un último sobre a tradución editorial, e só se imparte unha introdución á práctica da tradución administrativa, xa que existe unha materia de especializada específica desta modalidade de tradución en cuarto curso do grao. Esta secuencialización de contidos permite adquirir coñecementos temáticos e lingüísticos de modo previo a iniciarse no traballo tradutolóxico na combinación castelán-galego-castelán, é dicir, a práctica da tradución correspóndese cun 50% na dirección de castelán a galego e 50% de galego a castelán.