É responsabilidade do alumnado consultar os materiais
e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das
datas de entrega de traballos, probas, etc. AVAIUACIóN CONTINUA 1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de
clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan
asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que
esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e
familiar. 3- O non presentar algún dos traballos ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de
todas cualificacións obtidas anteriormente. Deberá entón presentarse á
convocatoria única. 4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Só deberá
repetir aquela parte que na que necesiten obter un 5 para facer media coas demáis actividades de avaliación CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN ÚNICA
O alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá presentarse na data fixada polo decanato a un exame que constará de dúas partes: 1- Probas de preguntas obxectivas referidas ao temario, lecturas e o material de consulta que se encontrará en Moovi (50 %). É necesario obter un 5 para poder facer a media coas outra probas. 2- Proba de resolución de dificultades e toma de decisións para traducir
segmentos caracterizados pola súa trama de referencias á cultura e á civilización francófonas que deberá identificar, contextualizar, clasificar
e xustificar (50 %) Corrección lingüística A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística en calquera
das linguas empregadas.
|