PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO): Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única. A modalidade de avaliación por defecto é a avaliación continua. O estudantado que desexe acollerse á avaliación única deberá comunicalo por escrito a través de Moovi durante o primeiro mes de clase. Transcorrido ese período, entenderase que o estudantado que non o fixo opta pola avaliación continua e acepta as condicións de traballo e avaliación descritas nesta guía. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única. Avaliación continua: As metodoloxías e probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia comprende avaliación individual e en grupo. O estudantado que supere a parte de traballo en grupo pero non as probas individuais deberá recuperar en xullo as probas individuais. A avaliación continua esixe entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. As probas e actividades que teñan asignado un peso na cualificación final son de entrega obrigatoria. Para a resolución do exame de preguntas de desenvolvemento non se permitirá o emprego de materiais de consulta. Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non se realizan durante o curso terán que realizarse na convocatoria de xullo. Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua: Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse na plataforma de teledocencia para que todo o estudantado matriculado na materia poida acceder a eles. Avaliación única: O estudantado que deixase constancia por escrito a través da plataforma de teledocencia durante o primeiro mes de clase da súa vontade de acollerse ao sistema de avaliación única perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a avaliación na data oficial fixada polo Decanato. A avaliación única constará das seguintes probas e traballos: 1. Entrega dun proxecto de investigación individual sobre un dos bloques de contidos establecidos para a materia segundo as directrices proporcionadas ao comezo do curso. O estudantado que se acolla ao sistema de avaliación única deberá comunicarlle á profesora o tema sobre o que traballará nas cinco primeiras semanas do curso. De maneira xeral, o traballo comprenderá o estudo en profundidade do bloque seleccionado de maneira comparativa para todos os países estudados (40%). 2. Exame individual (60%), que constará de dúas probas: unha proba teórica de resposta breve que incluirá preguntas sobre o primeiro bloque de contidos para a que non se permitirá o uso de materiais de consulta (30%), e unha proba de desenvolvemento que consistirá na análise dun texto breve (de arredor de 300 palabras) que trate sobre algún aspecto da cultura dalgún dos países estudados ao longo do curso. O estudantado deberá contextualizar culturalmente o texto, analizalo dende o punto de vista pragmático, identificar e clasificar os seus elementos culturais e propoñer estratexias de tradución para os elementos identificados. Para esta proba permitirase o uso dalgúns materiais de consulta (70%). SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO): PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica. Para desenvolver esta proba non se permitirá o uso de materiais de consulta. (30%) 2. Proba de desenvolvemento, que consistirá na análise dun texto dunhas 300 palabras que trate sobre algún aspecto da cultura dalgún dos países estudados ao longo do curso. O estudantado deberá contextualizar culturalmente o texto, analizalo dende o punto de vista pragmático, identificar e clasificar os seus elementos culturais e propoñer estratexias de tradución para os elementos identificados. Para esta proba permitirase o uso dos materiais de consulta especificados pola docente (70%). De maneira xeral, en calquera das modalidades e oportunidades de avaliación rexirán os seguintes principios: En calquera das probas, traballos ou exercicios, obterá a cualificación de suspenso (0) nesa proba, traballo ou exercicio o estudantado que: - Cometa máis de dúas faltas de ortografía. - Incurra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade a este respecto. - Incumplan as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba. EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.
|