Aprendizaxe baseado en proxectos |
O proxecto de investigación, que se levará a cabo en grupo, incluirá tarefas de diferentes tipos que lle permitan ao estudantado fomentar o espíritu crítico, desenvolver adecuadamente o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe, e acadar os coñecementos e as competencias previstos. |
Lección maxistral |
Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos. As sesións maxistrais servirán para proporcionar un fío condutor para o proxecto en grupo. |
Presentación |
O estudantado comunicará os resultados da súa investigación mediante exposicións orais programadas que se irán desenvolvendo ao longo do curso. |