Avaliación continua: Lectura obrigatoria en alemán ou español de literatura
para persoas adultas de autoría xermanófona de libre elección e acordado coa profesora. Avaliación única: Fallada,
Hans. 1932. Kleiner Mann - was nun? Leipzig: Rowohlt Verlag (galego,
2020. E agora que, homiño?, trad. de Patricia Buxán Outeiro. Santiago de
Compostela: Irmás Cartoné). É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma moovi (novidades, documentos etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Data da proba "práctica de laboratorio": sesión 13 da materia. Data de entrega dos traballos tutelados: 20 de maio. Data do exame: O exame da avaliación continua será na última sesión da materia. Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.
Avaliación única: O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ó exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (80% da nota do exame), así como varias preguntas sobre os contidos transversais ou cuestions de estilística contrastiva (20% da nota do exame). O exame realizarase con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet. Penalizarase a copia e o plaxio.
Convocatoria de xullo: A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (80% da nota do exame), así como varias preguntas sobre os contidos transversais ou cuestions de estilística contrastiva (20% da nota do exame). O exame realizarase con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet. Penalizarase a copia e o plaxio. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais
dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, avisos etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes
probas. |