Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación/V01G230V01209
Outros comentarios
En xeral, para cursar a materia de Tradución Idioma 2, I inglés-español o alumnado deberá posuír certos coñecementos e destrezas previos que se consideran ferramentas básicas de traballo:
- dominio das normas cultas das dúas linguas de traballo e corrección na expresión oral e escrita
- lectura comprensiva de textos (detección de dobres sentidos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica, etc.) escritos nas dúas linguas de traballo
- coñecementos de ofimática, comunicación electrónica e internet: procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos, etc.
- uso eficiente dos fondos das bibliotecas, das fontes de documentación e dos dicionarios
Para conseguir estes prerrequisitos proponse o seguinte plano de traballo que o alumno debería desenvolver antes de comezar o período de docencia:
- estudo das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma español e da gramática inglesa
- exercicios de lectura de todo tipo de textos escritos nas dúas linguas de traballo
- traballo práctico co ordenador para familiarizarse co seu manexo, cos distintos programas e cos diferentes formatos textuais
- sesións de traballo práctico na rede: busca e consulta de fontes de documentación (dicionarios, enciclopedias), xestión de contas de correo electrónico, envío de arquivos, etc.
- asistencia aos cursos de formación ofrecidos pola biblioteca xeral e pola biblioteca da Facultade
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000