Estudo de casos |
Preséntaselle ao alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que esta presenta |
Prácticas con apoio das TIC |
A través da plataforma Moovi e doutras TIC o alumnado deberá desenvolver e entregar traballos, responder a encargas, participar en debates, realizar cuestionarios de autoavaliación, participar no traballo en grupos, etc. |
Lección maxistral |
Nestas sesións o docente presentará:
a) os temas introdutorios que servirán de marco de traballo para o resto do cuadrimestre
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encarga de tradución |