Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballos individuais de escritura sobre os temas e tipoloxías textuais estudiadas na clase. 30 A2
A3
C11
C17
D5
D9
D15
D23
Presentación Consistirá nunha exposición oral sobre un tema lingüístico concreto que se proporcionará na clase. 30 A3
A4
A5
C18
C27
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá nun exame no que terán cabida as preguntas de carácter teórico e as de tipo práctico. Esta proba terá en conta todos os temas recollidos no temario e impartidos durante o curso. 40 A1
C4
D1
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 

Avaliación continua:

É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido as probas marcadas na avaliación. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán.

A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. Para superar a materia será necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.

Avaliación única: 

Neste caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final.

Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira edición das actas coa data na que se realizará o exame para os discentes que opten pola avaliación continua.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)

Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas da exposición oral e do traballo escrito.

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000