Esta materia concíbese como un espazo didáctico que ha de servir o estudantado, en primeiro lugar, para alcanzar competencia de resolución de problemas xerais de tradución na combinación lingüística inglés-español, en segundo, para desenvolver as súas habilidades e competencia profesional na tradución de textos xerais (escritos por especialistas ou semiespecialistas e dirixidos a destinatarios non necesariamente especialistas) producidos en inglés e, finalmente, para prepararse para a tradución especializada. Dáse por suposto que o estudantado posúe bos coñecementos das linguas e culturas de traballo.