Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia ao alumnado e orientación xeral sobre a mesma.
Diagnóstico inicial para detectar os coñecementos previos do alumnado e descubrir os seus intereses e motivacións.
Explicación detallada do proceso de avaliación que se seguirá na materia.
Lección maxistral Presentación e explicación dos contidos da materia.
Resolución de problemas de forma autónoma Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes, a realizar polo alumnado de forma autónoma dentro ou fóra da aula.
Resolución de problemas Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes.
Debate Participación oral e activa por parte de estudantes. Pode centrarse nos contidos da materia, nalgún tema de actualidade, na análise dalgún caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral, ou no intercambio de opinións e conseguinte argumentación a favor e/ou en contra.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000