Lección maxistral |
Os coñecementos adquiridos por medio das sesións maxistrais serán avaliados mediante tres probas. Estes exames consistirán en probas de resposta predefinida ou resposta curta e terán lugar a semana seguinte à finalización do tema 4, a semana seguinte à finalización do tema 7 e na última semana do curso. Cada unha destas probas é de realización obrigatoria para poder pasar a materia. No caso de non ser posíbel a realización de algunha proba nessas datas, hase trasladar ao primeiro día útil posterior.
O valor da primeira proba será de 15% da cualificación final; a segunda, 30% e a terceira, 20%. |
65 |
A1 A3
|
|
C8 C9 C12 C17 C21 C25 C27 C32
|
D6 D8 D9
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Haberá tamén unha cuarta proba, consistente na exposición e elaboración por escrito de contidos teóricos, que será realizada de modo autónomo polos estudantes e deberá ser entregada na última semana que houber actividade docente. A realización desta proba é obrigatoria para poder pasar a materia. |
35 |
A2 A3 A4 A5
|
|
C3 C13 C14 C18 C21 C24 C27
|
D5 D6 D22 D23
|
Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é preciso ter realizado a totalidade das probas e encomendas de carácter obrigatorio formuladas durante o curso. Para pasar a materia é preciso obter como mínimo unha nota media de aprobado no conxunto das probas. Nas probas e traballos levarase tamén en conta a corrección lingüística, particularmente no caso de que o estudante decidir empregar unha lingua o variedade lingüística en que lle sexa suposta a formación necesaria para iso.
Os alumnos que optaren pola avaliación única serán examinados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da materia, que terá lugar na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta da FFT.
Os alumnos que seguiren o procedimento de avaliación continua e non tiveren superado o conxunto de probas e traballos establecidos, ou tiveren perdido a posibilidade de continuar ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou tests, apreciación de plaxio ou copia en algún dos traballos...), perderán esa convocatoria e deberán dar conta novamente do conxunto da materia. Tamén poderán acudir á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores.
A convocatoria de xullo tamén consistirá nunha única proba, correspondente ao conxunto da materia, e será de tipo test / resposta curta, quer no caso dos alumnos de avaliación continua, quer nos de avaliación única. Esta proba terá lugar na data e hora marcadas no calendario de exames da FFT.
Os alumnos e alumnas de intercambio poderán optar por examinarse mediante avaliación continua ou avaliación única. Neste último caso poderán optar por unha proba específica consistente no desenvolvemento por escrito dos contidos teóricos da materia e que poderán realizar en galego-portugués, inglés, español ou francés. |