PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO-MAIO) Na primeira edición das actas, o alumnado será avaliado
mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non
entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario realizar
todas as probas e a exposición, así como elaborar e presentar o traballo na
data requirida e obter polo menos 4/10 en cada unha das probas. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida
acollerse á avaliación continua deberá indicalo ás profesoras ao comezo do curso.
Neses casos, terá que examinarse do 100 % da materia polo sistema de avaliación
única, segundo as seguintes porcentaxes: exercicio de comprensión escrita a
partir da lectura proposta (25 %), exercicio de comprensión oral (25 %), exercicio
de expresión escrita (25 %) e exercicio de expresión oral (25 %). O alumnado que se acolla a este sistema ten que ler obrigatoriamente o libro proposto polas profesoras antes da data do exame. Tamén será
necesario obter polo menos 4/10 en cada unha das partes. Este exame final terá
lugar dentro do período oficial de exames na data aprobada en Xunta de FFT. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO) Na segunda edición das actas, o alumnado examinarase
exclusivamente das partes da materia que non superase na primeira edición. Este
exame terá lugar durante o período de exames de xuño-xullo na data aprobada en
Xunta de FFT. NOTAS XERAIS A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá
un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá
ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos
medios de comunicación francófonos. |