Primeira edición de actas (xaneiro) O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. Para ser avaliado será necesario entregar os traballos na data establecida e publicada . As probas non entregadas contarán como cero. Os alumnos teñen que realizar e acadar un mínimo do equivalente a un 4/10 en todas e cada unha das probas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso. O alumno que non poida realizar a avaliación continua poderá examinarse do 100 % da materia na 1ª edición de actas polo sistema de avaliación única. No exame avaliaranse a comprensión oral (25 %), a expresión oral (25 %), a comprensión escrita (25 %) e a expresión escrita (25 %). É necesario aprobar todas as partes para superar a materia. O exame terá lugar no período de exames na data establecida no calendario da FFT.
No caso
de suspenso na
primeira edición de actas, o alumno deberá recuperar na
segunda convocatoria (xuño-xullo) unicamente as partes suspensas.
Segunda edición de actas (xuño-xullo) Os alumnos de avaliación continua e de avaliación única que non superen a
materia na primeira edición de actas, farán en xuño-xullo unha proba que
representará o 100 % da nota: comprensión oral (25 %), expresión oral (25 %), comprensión escrita (25 %) e expresión
escrita (25 %). O alumno ten que aprobar todas as partes. A data do exame será a indicada no calendario oficial de exames da FFT. No caso de suspenso nesta segunda convocatoria, non se manterán
notas para o seguinte curso escolar: o alumno terá que examinarse de
todas as probas. |