Recoméndase o estudo continuado da materia, o traballo regular, a consulta da gramática recomendada para realizar os exercicios prácticos, a asistencia a clase, o uso dos recursos da biblioteca, así como o seguimento da actualidade a través de medios francófonos.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudante da súa responsabilidade neste aspecto.
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, notas) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.