Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Recoméndase ao alumnado que, de non poder asistir a esta sesión, na que se proporcionará información sobre o desenvolvemento e planificación do curso, se poña en contacto coa docente.
|
Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que a alumna ou o alumno ten que desenvolver. |
Presentación |
Exposición por parte do alumnado ante a docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
|