Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua para fins específicos
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés/V01G181V01207

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés/V01G181V01101
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés/V01G181V01102
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés/V01G181V01109
Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro IV: Inglés/V01G181V01110
Primeiro idioma estranxeiro V: inglés/V01G181V01201
 
Outros comentarios
Espérase que o alumnado faga as lecturas e tarefas solicitadas para poder participar activamente na clase. O estudantado deberá consultar regularmente o seu correo electrónico e visitar a plataforma de teledocencia do curso (https://moovi.uvigo.gal). Os anuncios e cambios de última hora notificaranse a través da plataforma de teledocencia. O alumnado deberá acceder regularmente ás fontes bibliográficas da biblioteca. A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000