Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase un traballo de proxecto escrito de aproximadamente 12 páxinas (con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e de referenciación bibliográfica indicadas para o TFG), sobre un tema que se acordará co/a profesor/a. Un primeiro esbozo (como mínimo, a estrutura e a bibliografía) entregarase antes do final do período docente. A entrega da versión definitiva realizarase como mínimo ata dúas semanas antes da entrega das actas. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
Presentación Durante o período de aulas, cada estudante realizará unha ou varias exposicións orais de aproximadamente 10-20 minutos sobre un tema que se acordará co/a profesor/a, acompañado de guión e bibliografía. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
Estudo de casos Exame final escrito sobre temas tratados nas clases. O exame realizarase na data oficial indicada no calendario da FFT. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
Aprendizaxe colaborativa Avaliación continua dos proxectos, comentarios, lecturas e outros traballos realizados ao longo do cuadrimestre. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas xerais

As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro.

A copia ou o plaxio en calquera das
probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que
supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese
aspecto.

A persoa docente poderá facer unha proba
de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso
de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral
ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de
Intelixencia Artificial sen telo declarado.
Neste sentido, dada a
imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte
da persoa docente será condición suficiente como para que a proba
suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se
realizará en data e hora establecida pola persoa docente.

 Avaliación continua

Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) enn todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media.

A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta.

A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT.

 Avaliación única

Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as tres probas seguintes:

-Traballo tutelado (30%), coas mesmas
características que o que se describiu máis arriba. Entregarase como moi tarde no día do exame oficial marcado do calendario da FFT.

-Exame
oral (30%). Duración mínima de 30 minutos, que versa
sobre todos os contidos e textos de lectura obrigatoria da materia que
se disponibilizarán no inicio do cuadrimestre. Realizarase no día do
exame oficial marcado do calendario da FFT ou nun día alternativo
acordado co/a profesor/a.

- Exame escrito (40%). Exame escrito
sobre temas tratados nas clases. O exame realizarase na data oficial
indicada no calendario da FFT.

Deberase obter nos tres casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media.

A data do exame de avaliación única será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa.

En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e  informacións
específicas na plataforma MOOVI, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000