Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avaliación continua da participación activa nas clases; debate e comentario das lecturas obrigatorias, así como entrega e exposición de traballos se así o exige a profesora da materia. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final escrito sobre os contidos tanto teóricos como de análise de lectura, relativos as obras literarias analizadas e debatidas na aula coa profesora. 40% da nota total.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
D1
Exame de preguntas obxectivas Test de lectura: test para medir a lectura atenta e detallada das obras do programa.
40% da nota total.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

A avaliación e cualificación do traballo do alumnado se levará a cabo cun procedemento de avaliación continua mais a nota media de dous exames escritos finais (exame de contidos e test de lectura) de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A avaliación continua comprende a participación activa nas clases, a lectura obrigatoria dos libros indicados no programa e o seu comentario nas clases. Valorarase positivamente a asistencia e participación activa nas clases. O contido dos devanditos exames terá que ver coas lecturas feitas na aula. Cada un dos dous exames acadará un valor do 40% da nota total da materia. 

Tanto o test de lectura como o exame final faranse nas datas oficiais de exames fixadas no calendario da FFT.

Non se poderá superar a materia sen acadar un mínimo de 5 en cada una das partes avaliadas nos exames escritos.

Os/As estudantes que suspendan na avaliación continua deberán examinarse de toda a materia na segunda edición de actas indicada máis abaixo.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar tanto o exame escrito final sobre os contidos da materia, como tamén un traballo escrito adicional; o tema do traballo será acordado coa profesora responsable da materia. A data do exame escrito será a publicada no calendario oficial de exames do Decanato da FFT. A data límite de entrega do traballo escrito coincidirá tamén con esa data. A nota da materia resultará da nota media entre a cualificación obtida polo traballo escrito e a cualificación no exame, sendo preciso acadar un 5 como nota media entre ambas.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Exame escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. O exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames publicado polo Decanato da FFT.

ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral ou escrita complementaria a aquel alumnado, xa sexa de evaluación continua ou de única que, según o seu criterio razoado, non demostre suficiente competencia na materia, ou bien por calqueira outra causa, incluida a sospeita de fraude, precise confirmar mellor o seu nivel na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000