Código |
Descrición |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
C1 |
Capacidade para comunicarse nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz. |
C3 |
Capacidade de adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nas principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como de sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos. |
C5 |
Capacidade de adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios. |
C6 |
Capacidade de construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
C8 |
Capacidade de formular razoamentos críticos con respecto aos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria que transcenda a mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo. |
C10 |
Habilidade para mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e para ser competente de sensibilizar ás persoas da contorna na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, capacidade de explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D3 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |