- Recoméndase cursar esta materia tendo xa un nivel de lingua inglesa intermedio alto (equivalente a B2 do MCERL). O alumnado Erasmus debería de ter certificado o nivel B2 do MCERL, como mínimo, para poder cursar esta materia. O alumnado Erasmus pode solicitar un breve exame de diagnóstico co profesorado para verificar se está preparado para este curso.
- É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións)
- É responsabilidade do estudantado estar ao tanto das datas de realización das diferentes probas.
- A asistencia ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisición de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a asistencia e participación activa na aula. De igual maneira, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nivel persoal.
- Recoméndase o uso dos recursos da Biblioteca para a preparación desta materia, así como consultar os materiais e anuncios que se fagan a través da plataforma MOOVI.
IMPORTANT INFORMATION FOR EXCHANGE STUDENTS:
Students must be aware that no alternative date to the official resit exam dates will be provided, so it is their responsibility to remain in Vigo until the official exam date in June/July.
|