Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) AVALIACIÓN CONTINUA, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba e deberá superar o 5 (sobre 10). De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesorado poderá mandar repetilas. En todo caso, para aprobar a materia na convocatoria oficial de decembro/xaneiro (1ª oportunidade), o/a alumno/a deberá ter aprobado (nota de 5 sobre 10) as probas de "Exame de preguntas obxectivas", "Exame de preguntas de desenvolvemento" e de "Exame oral". Tamén deberá ter entregado obrigatoriamente o "Traballo académico escrito obrigatorio". Na convocatoria oficial de xuño (2ª oportunidade), o/a alumno/a suspenso deberá repetir os "Exames" escritos e/ou orais non superados e, en caso de non o ter feito, entregar o "Traballo académico escrito obrigatorio" . No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única". b) AVALIACIÓN ÚNICA. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de decembro/xaneiro deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame final único escrito" (7.5 p.), que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames de decembro/xaneiro da Facultade; ese mesmo día deberá entregar o "Traballo académico escrito obrigatorio" (1.5 p.) e facer a súa "Exposición oral" (1 p.). No caso de non superar ese exame (menos de 3.5 p.) e/ou non entregar o "Traballo académico escrito obligatorio" e/ou non facer a "Exposición oral" (menos de 0.5 p.), o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e/ou entregar o traballo obrigatorio e/ou facer a exposición na convocatoria de xuño, na data oficial de exames que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. NOTA: O docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das previstas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente. |