Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en galego
   Contidos
Tema Subtema
1. Ferramentas para o estudo e uso do galego. -Gramáticas, dicionarios, manuais de estilo, corpus lingüísticos, correctores, bases de datos bibliográficas... e a súa aplicación.
2.Comunicación oral e comunicación escrita en galego -Comunicación: verbal e non verbal.
-Lingua oral e lingua escrita.
-A competencia comunicativa (lingüística, discursiva, pragmática, sociolingüística, estratéxica) en galego.


3. O estándar escrito do galego -O galego estándar e as outras variedades: dialectais, diastráticas e diafásicas..
-Criterios na elaboración do galego estándar: as NOMIG.
-Usos problemáticos de grafías, acentuación, maiúsculas. Cuestións de ortotipografía.
-Estilo e cualidade lingüística. Uso de construcións gramaticais diferenciais do galego. Uso do léxico estándar. Os castelanismos.
4. O estándar oral do galego -Criterios para unha boa pronuncia do galego: os dicionarios de pronuncia.
-Ortoepia do galego: pronuncia de <e>, <o>, <nh>,
<-n>, <ll>, <x>..., realización fónica dos encontros vocálicos e entre consoantes e vogais na cadea falada.
-Estándar oral e variación fonética.
5. Redacción, construción e exposición de textos en galego -Elaboración de textos orais e escritos: adecuación, coherencia e cohesión.
-A corrección gramatical e léxica do texto en galego: o uso de gramáticas e dicionarios. Aplicación de correctores lingüísticos.
-Normas de presentación dos textos académicos.
-Exposición oral e lectura de textos académicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000