Código |
Descrición |
A1 |
Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz. |
B2 |
Identificar as principais contribucións teóricas nos distintos ámbitos xeográficos, sociais e culturais da literatura do primeiro idioma estranxeiro, desde unha perspectiva que teña en consideración os valores democráticos, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, así como dunha cultura para a paz. |
B3 |
Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos. |
B4 |
Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria. |
B5 |
Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios. |
B6 |
Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
B7 |
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos. |
B8 |
Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo. |
B9 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos. |
B10 |
Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
B11 |
Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva. |
B12 |
Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación. |
C193 |
Identificar as principais achegas teóricas sobre os movementos literarios e culturais obxecto de estudo en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente. |
C194 |
Describir, analizar e comparar textos representativos de tales movementos e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción. |
C195 |
Formular razoamentos críticos derivados da análise das obras literarias e artísticas analizadas que conduza á adquisición dun método sólido de análise literaria-artística que transcienda a mera aproximación subxectiva e intuitiva aos textos obxecto de estudo. |
C196 |
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países de fala inglesa, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos. |
C197 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos. |
C198 |
Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co xénero(s) escollido(s) e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos. |