A plataforma de teledocencia MOOVI é de uso obrigatorio e resultará imprescindible como canle de comunicación académica durante o cuatrimestre, así como repositorio de materiais docentes fundamentais e como dinamizador da participación a través dos foros e, de ser necesario, como ferramenta para levar a cabo probas de avaliación. Dase por sentado que o alumnado contará con acceso a MOOVI desde o comenzo de curso e permanecerá ao tanto de toda a información xenerada na plataforma durante o desenvolvemento do mesmo e ata o remate do ano escolar. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS. A avaliación será preferentemente continua. Para a avaliación continua é obrigatorio asistir e participar tanto nas clases prácticas como no foro de debate de MOOVI e realizar e expoñer no prazo establecido os traballos estipulados: dous ensaios escritos, que equivalen a un 25% da nota final cada un, e unha presentación oral, que suporá o 30% da nota final. Xa que logo, a nota final na materia correspóndese coa suma total das calificacións obtidas, no caso de non terse presentado a unha das probas a cualificación será de 0 nesa proba. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. No caso de modalidade de avaliación única, isto deberá comunicado á profesora nas primeiras dúas semanas do curso. A cualificación da avaliación única corresponderase exclusivamente coa cualificación obtida nun exame único na data fixada no calendario oficial de exames polo Decanato. Este exame estará baseado nos contidos da materia, e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e a nota do exame constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar na data oficial de xullo establecida no calendario de exames oficial. O alumnado Alleo/Erasmus deberá consultar coa profesora a pertinencia da súa matrícula na materia en virtude da súa traxectoria académica previa na universidade de orixe. Advírtese ao alumnado Alleo/Erasmus que o nivel de traballo e esixencia na materia require un coñecemento alto da lingua inglesa cunha capacitación adecuada de competencias de expresión oral e escrita ao nivel de 4º de Linguas Estranxeiras. A non satisfación deste criterio pode afectar negativamente ao desenvolvemento e aos resultados do aprendizaxe na materia. Expresión linguística: deberá ser a adecuada ao nivel de 4º de grao. |