- Primeira edición das actas: Para acollerse ao sistema de avaliación continua descrito arriba é necesario entregar todos os traballos. Datas aproximadas de entrega dos traballos: final das sesions sobre o surrealismo, e final das sesions sobre o Oulipo. Data do exame final: no período de exames, na data establecida no calendario oficial da FFT. Avaliación continua: a nota final resulta da media ponderada das cualificacións das distintas probas e traballos segundo as porcentaxes indicadas arriba (os traballos non entregados e o plaxio implican un 0), Avaliación única: o exame para as/os estudantes que non seguen a avaliación continua ou suspenden valerá polo 100% de avaliación e terá lugar na data establecida no calendario oficial da FFT. - Segunda
edición das actas: As/os
estudantes que non superen a materia na primeira edición das actas farán un segundo exame, sobre o conxunto da materia, na segunda edición de actas que valerá o 100% da avaliación, e terá lugar no período de exames na data establecida no calendario oficial da FFT. -- Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade. NOTA BENE - A principio de curso indicaranse dúas obras de lectura obrigada. |