Tema 2. A lexislación de procedemento administrativo común, a utilización de medios electrónicos no ámbito das relacións administrativas e a seguridade da información. |
- A utilización de medios electrónicos no ámbito das relacións administrativas e a seguridade da información. O Esquema Nacional de Seguridade.
- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a seguridade da información. Os medios electrónicos na tramitación de procedementos administrativos. |
Tema 3. O principio de publicidade da actividade dos órganos do Estado. A transparencia, o acceso á información pública e os seus límites: a defensa e seguridade nacional. A protección de datos. A seguridade da información nas Administracións públicas e a súa normativa. |
- O principio de transparencia da actividade pública. O acceso á información pública e os seus límites: a defensa e seguridade nacional. A protección de datos: O Regulamento Xeral comunitario de Protección de Datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Os límites derivados da defensa e seguridade nacional.
- Requisitos da clasificación e tratamento do material clasificado.
- Referencia ao Acordo do Consello de Ministros, de 28 de novembro de 1986, polo que se clasifican determinados asuntos e materias con arranxo á Lei de Segredos Oficiais.
- A normativa sobre política de seguridade da información do Ministerio de Defensa.
- A protección penal e disciplinaria da seguridade da información e as materias clasificadas. |
Tema 4. A xestión e utilización polas Administracións públicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC): A imaxe institucional da Administración e os dereitos fundamentais dos cidadáns. |
- A utilización e presenza das Administracións públicas no ámbito das novas tecnoloxías da información e comunicación á marxe das relacións administrativas.
- As novas tecnoloxías da información e comunicación e a imaxe institucional da Administración Xeral do Estado.
- A utilización do TIC pola Administración e os dereitos fundamentais das persoas. |