Presentación |
Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun traballo (T1 e T2) relacionado cos temas 1 e 2 da materia. Cada traballo ten un peso do 10% e serán avaliados na fase a distancia. |
20 |
A6 A7 A8 A9 A10
|
B1 B2 B5
|
C12 C13
|
D4 D5
|
Práctica de laboratorio |
Avaliación de dúas prácticas de laboratorio (PL1 e PL2) relacionadas co temario da materia mediante memorias entregables que se realizarán na fase presencial. Cada unha das prácticas ten un peso do 10% |
20 |
A6 A7 A8 A9 A10
|
B1 B2 B5
|
C12 C13
|
D4 D5
|
Se chamamos MED_CON a nota media da avaliación continua, que se calcula como: MED_CON=0.4*(PE1+PE2)/2+0.2*(T1+T2)/2+0.2*(E1+E2)/2+0.2*(PL1+PL2)/2 será necesario conseguir polo menos o 50% da calificación para superar a materia. En caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, habería unha segunda oportunidade para superala na convocatoria extraordinaria, que se realizaría en modalidade a distancia nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación da segunda convocatoria realizarase en modalidade a distancia, mediante a avaliación dun entregable (traballo) que suporá o 60% da cualificación e a realización dunha proba escrita (con preguntas de desenvolvemento e/ou tipo test) utilizando medios telemáticos, o que suporá o restante 40%. Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia. O proceso de avaliación nesta segunda convocatoria levaría a cabo segundo o indicado na seguinte táboa: Sistemas de evaluación | Denominación | Calificación (%) | Competencias | Evaluación de entregables (trabajo) | 60% | CB6, CB7, CB8, CB9, CB10 CG1,CG2, CG5 CE12,CE13 CT4, CT5 | Prueba escrita | 40% | CB6, CB7, CB8, CB9, CB10 CG1,CG2, CG5 CE12,CE13 CT4, CT5 | INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo ,así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 dexullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas , a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente , con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior. No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español. |