Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais en relación coa materia, a través do uso do TIC. Permiten avaliar os coñecementos e habilidades do alumno/a. Avaliaranse mediante entregables. Realizaranse tres actividades entregables (AO1, AO2 e AP3). AO1 e AO2 valiaranse durante a fase a distancia e abarcarán os temas 2 e 3, y terán unha ponderación do 9% e 6% da nota, respectivamente. AP3 avaliarase durante a fase presencial e terá unha ponderación do 25% da nota.
40
A8
B1 B3 B4
C2 C3 C5
Foros de discusión
Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debate sobre temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. Realizarase tres actividades de discusión ou debate (D1, D2 e D3) que serán avaliadas durante a fase a distancia: D1 e D2 abarcarán o tema 1, e terán unha ponderación do 1.5% e 4.5% da nota, respectivamente; e D3 abarcará o tema 3 e terá unha ponderación do 9% da nota.
15
A6 A10
B1 B4
C1
D5
Autoavaliación
Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades, posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal. Realizaranse cinco actividades de autoevaluación (A1, A2, A3, A4 y A5) que serán avaliadas durante a fase a distancia: A1, A2 e A3 abarcarán os temas 1, 2 y 3, respectivamente e todas elas terán unha ponderación do 6.25%; A4 abarcará o tema 4 e terá unha ponderación do 1.25%; e A5 abarcará o tema 5 e terá unha ponderación do 5%.
25
A6 A7
B1 B4
C1 C3
D5
Presentación
Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Avaliarase a presentación (P) durante a fase presencial.
20
A9
B1 B3 B4
C1
Outros comentarios sobre a Avaliación
Si denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:
Será necesario obter polo menos o 50% da cualificación para superar a materia.
No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. Dita avaliación realizarase en modalidade a distancia, e consistirá nunha única proba que suporá o 100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar a materia.
INTEGRIDADE ACADÉMICA:
Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.
Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.
No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.