Seminario |
No ámbito da acción titorial, distínguense accións de titoría académica e de titoría personalizada. Na titoría académica, o alumno terá á súa disposición horas nas que poderá consultar calquera dúbida relacionada cos contidos da materia, a súa organización, avaliación, etc. Estas titorías poderán ser individualizadas ou en grupo. Con todo, fomentaranse as titorías en grupo para a resolución de problemas ou aclaración de diferentes contidos da materia. Á parte de estar dispoñible no horario de titorías publicado na web do centro, o profesor responderá as dúbidas dos alumnos por medio do correo electrónico. Na titoría personalizada, o profesor estará dispoñible para que o alumno lle comente ou pida consello sobre calquera circunstancia que lle impida realizar un seguimento adecuado da materia.
Coa combinación destes dous tipos de acción titorial, preténdese lograr un equilibrio académico-persoal que lle permita ao alumno alcanzar os seus obxectivos da maneira máis eficaz.
Os profesores da materia atenderán as dúbidas e consultas dos alumnos en persoa ou por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros da plataforma de teledocencia MOOVI, etc.) no horario que se publicará na web do centro ou baixo a modalidade de concertación previa. |
|