Prácticas de laboratorio |
Memorias ou cuestionarios sobre as prácticas e o traballo derivado das mesmas. |
15 |
|
B3
|
C2
|
D2 D9 D10
|
A continuación preséntase a porcentaxe que representa cada unha das partes na nota final do alumno. Proba Intermedia 1 (PI1)= 15% Proba Intermedia 2 (PI2)= 15% Proba de avaliación de Prácticas (EP) = 15% Actividades Complementarias (AC)= 15% Proba Final (PF) = 40% A avaliación final do alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa nota de avaliación continua (NEC): NEC = 0,15·PI1 + 0,15·PI2 + 0,15·EP + 0,15·AC + 0,40·PF Con todo, esixiranse uns requisitos mínimos e condicións nalgúns dos apartados, que garantan o equilibrio entre todos os tipos de competencias. O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, cando a nota NEC sexa menor que 5 ou obteña unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua. Neste último caso, a cualificación da avaliación continua será o mínimo da nota de avaliación continua calculada coa fórmula anterior e 4 puntos. En calquera caso, ao alumno que supere a avaliación continua, ofréceselle a oportunidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.
INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior. |