Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase dous exames parciais, o primeiro dos temas 1, 2 e 3 e o segundo do tema 4. Cada un dos exames é un 15% da nota de avaliación continua. 30 B3
B4
C1
D2
D9
D16
Práctica de laboratorio Realizarase unha práctica puntuable sobre os contidos impartidos nas clases con computador. O peso na avaliación continua será do 15%. 15 B3
B4
C1
D2
D6
D9
Traballo Proporase a entrega de determinados exercicios ao longo do cuadrimestre. O peso na avaliación continua será do 15%. 15 B3
B4
C1
D2
D6
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame final de todos os contidos da materia. O peso na avaliación continua será dun 40%. 40 B3
B4
C1
D1
D2
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, no caso de que a nota final da avaliación continua sexa inferior a 5 (NEC menor que 5). Adicionalmente, deberá presentarse ao exame ordinario, nos seguintes supostos:

  • A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.

  • Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.

Nos casos anteriores, a nota final de avaliación continua será: mín{NEC, 4}.

En calquera caso, o alumnado que supere a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.

A avaliación do alumnado en segunda e sucesivas convocatorias consistirá nun exame sobre os contidos da materia que suporá o 100% da nota.

INTEGRIDADE ACADÉMICA: 

Agárdase
que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose
a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento
sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo
, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde
DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de
avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de
formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas
a
utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así
como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na
acta da convocatoria correspondente
,
con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a
proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole
disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se
utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona,
verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o
uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en
tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou
gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións
para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou
adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer
referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.),
especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado
na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software,
data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da
ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de
IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas
descritas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000