Prácticas de laboratorio |
INFORME DE PRÁCTICAS (10 % da nota final)
Avaliaranse as actividades levadas a cabo no laboratorio, a resolución de cuestións do guion de prácticas, a actitude e orde no laboratorio e a resolución de cuestionarios acerca das prácticas realizadas, que poderán facerse presencialmente ou a través da plataforma de teledocencia da materia.
AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS (10 % da nota final)
Avaliarase o proxecto final entregado, tendo en conta criterios relativos ao contido e ao formato da memoria final entregada, así como o uso da linguaxe, a calidade da presentación e as respostas a preguntas dos profesores, no caso da presentación oral. Na devandita presentación, calquera membro do grupo debe responder a preguntas do proxecto. Todos deben demostrar, por tanto, coñecemento profundo do produto entregado, independentemente da parte na que centrasen os seus esforzos. |
20 |
|
B3
|
C4
|
D2 D10 D17
|
Exame de preguntas obxectivas |
PROBA ESCRITA GLOBAL
Constará dunha parte de conceptos teóricos e unha parte de problemas.
É condición necesaria para superar a materia por avaliación continua obter un mínimo de 4 puntos.
A nota do alumno que non supere este mínimo será a suma ponderada das notas obtidas até ese momento, a condición de que esta non supere o 5, nese caso, a nota será dun 4. |
40 |
|
B3
|
C4
|
D2 D10
|
EXAMES ORDINARIO E EXTRAORDINARIOCo fin de avaliar todas as competencias nos exames ordinario e extraordinario, estes incluirán, ademáis de cuestións de teoría e de problemas, preguntas da parte de laboratorio. Non se esixirán notas mínimas en cada un dos ítems avaliados para superar a materia e a avaliación considerarase positiva cando se alcance unha puntuación de 5 puntos sobre 10. COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo , así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |