Guia docente 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Automóbiles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O alumno realizará en grupo un traballo de investigación (TI) sobre un tema proposto polo profesor e que tratará acerca de cuestións relativas aos temas 11 e 12. O traballo puntuarase de 0 a 10 en función do seu contido, presentación e exposición segundo a rúbrica facilitada no momento de asignar os temas aos alumnos. 15 B3
B4
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D16
D17
Prácticas con apoio das TIC A avaliación da parte práctica (NP) realizarase a partir as memorias ou cuestionarios correspondentes a cada unha delas (un total de 4-5), cun valor total de 10 puntos. 15 B3
B4
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D10
D16
D17
D20
Resolución de problemas de forma autónoma Realizarase un Control teórico-práctico (PI) de avaliación continua (30%) ao final do tema 5 ou 6, dependendo da planificación do centro. A súa valoración realizarase sobre 10 puntos cada un.

A Proba Final (PF) de avaliación continua realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos, con un peso dun 40%. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua.
70 B3
B4
D1
D2
D3
D5
D8
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final de avaliación continua (NEC) calcularase do seguinte modo:
NEC = 0,15·P1 + 0,15·P2+ 0,15·TI + 0,15·NP + 0,4·PF
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos: 

  • A nota final de avaliación continua (NEC) é menor de 5. 
  • A non entrega do traballo de investigación. 
  • A non realización ou entrega da memoria de prácticas, salvo que sexa eximido por causa xustificada. 
  • Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua. 

A nota de avaliación continua en caso de non cumprir algúns do catro últimos requisitos anteriores será obtida mediante a expresión:
NECS = min (4, NEC).

En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. 

NTEGRIDADE ACADÉMICA: 

Agárdase
que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose
a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento
sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo
, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde
DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de
avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de
formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas
a
utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así
como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na
acta da convocatoria correspondente
,
con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a
proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole
disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se
utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona,
verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o
uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en
tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou
gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións
para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou
adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer
referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.),
especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado
na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software,
data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da
ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de
IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas
descritas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000