Nota final e requisitos mínimos para superar a materia mediante avaliación continua: Para asegurarse de que o alumno adquirira as habilidades mínimas en cada un dos aspectos da materia, os estudantes terán que obter unha nota mínima de 4.0 sobre 10 no exame final de teoría. Se chamamos MED_CON a nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.3*PT + 0.4*ET + 0.15*PL + 0.15*TL A nota final de avaliación continua (NEC) coincidirá con MED_CON no caso de que ET sexa maior ou igual a 4.0 e, se non, calcularase como: NEC = min(4, MED_CON) É necesario que esta nota sexa igual ou superior a 5 (nunha escala de 10) para aprobar o curso. O alumno que non aprobe a materia nesta convocatoria deberá participar no exame ordinario. Nota final e requisitos mínimos para superar a materia no exame ordinario: A nota final do exame ordinario calcúlase coa seguinte fórmula: NEO = 0.7*T + 0.3*L Onde: - T representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría T1 a T11. Pode tomar a forma dun cuestionario de proba, cuestionario de resposta curta, resolución de problemas ou algunha combinación dos anteriores.
- L representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas da materia. Consiste en resolver problemas similares aos analizados nas sesións prácticas e/ou preguntas sobre o traballo presentado e/ou as presentacións.
É necesario que esta nota (NEO) sexa igual ou superior a 5 (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria ou na avaliación
continua debe presentarse á convocatoria extraordinaria. Nota final e requisitos mínimos para superar a materia no exame extraordinario: A nota final no exame extraordinario (NEE) calculase coa siguinte fórmula: NEE = 0.7*T + 0.3*L Onde: - T representa a parte teórica do exame ordinario da
materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos
adquiridos nas sesións de teoría T1 a T11. Pode tomar a forma dun
cuestionario de proba, cuestionario de resposta curta, resolución de
problemas ou algunha combinación dos anteriores.
- L
representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba
escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións
prácticas da materia. Consiste en resolver problemas similares aos
analizados nas sesións prácticas e/ou preguntas sobre o traballo
presentado e/ou as presentacións.
Sendo necesario que esta nota (NEE) sexa igual ou superior a 5 (sobre unha escala de 10) para superar a materia. COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |