Resolución de problemas |
Probas prácticas en laboratorio/seminario para avaliar a resolución de problemas ou estudos de casos e posta en práctica dos coñecementos teóricos adquiridos. |
10 |
|
B3 B4 B5
|
C42 C43
|
D2 D7 D9 D10
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame final de avaliación continua (se avalían todos os contidos da materia) |
40 |
|
B3 B4
|
C42 C43
|
D2 D8 D9
|
Empregarase un sistema de cualificación numérica con valores de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (R.D. 1125/2003 de 5 de setembro, B.O.E. nº 224 de 18 de setembro) e considerarase superada a materia cando a cualificación do alumno sexa igual ou superior a 5 puntos. As técnicas de avaliación da presente materia serán as seguintes: - Exame final de avaliación continua (ata un 40% do total da cualificación): Realizarase un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 posibles para poder superar a materia.
- Proba de avaliación continua (ata un 20% do total da cualificación): A proba de avaliación realizarase ao longo do cuadrimestre nas clases teóricas a proposta do profesorado. A realización da devandita proba será obrigatoria e esixible para superar a materia.
- Traballo individual de presentación dun caso de estudo propio con software SIX (ata un 10% do total da cualificación): Os alumnos, de maneira individual, terán que entregar unha memoria de traballo no que se expoña un caso de práctico a resolver con ferramentas SIX, incluindo: obxectivo da análise, datos de partida, ferramentas de análise e/ou xeoprocesamento, resultados obtidos e cartografía temática elaborada.
- Elaboración dun Proxecto de laboratorio (ata un 30% do total da cualificación): Durante o desenvolvemento da materia os alumnos deberán realizar un proxecto de levantamento topográfico en grupos de 3-4 alumnos. Estes traballos teñen unha exposición pública final en aula. A presentación e defensa terá lugar o día e hora que con anterioridade se comunicou aos alumnos e cos criterios de avaliación previamente indicados polo profesorado (rúbrica de avaliación).Todos os alumnos deben participar na exposición pública. En caso contrario, a cualificación do Proxecto será un 0 Suspenso.
En canto aos criterios de avaliación e cualificación do proceso de aprendizaxe baseada en proxectos a cualificación total da tarefa (30%) será a suma das seguintes valoracións parciais: desarrollo do proxecto: 10%, contidos do informe (10%) e contidos da presentación e calidade da exposición (10%). Na parte de desarrollo do proxecto terase en conta a entrega dos resultados parciais do proxecto que se vaian obtendo despois de cada sesión de campo. Valorarase tanto a entrega dos documentos como os procedementos de cálculos e a correcta resolución dos devanditos problemas. Deben realizarse a tempo polo menos o 50% de todas as entregas (excepto causa correctamente xustificada). En caso contrario, a cualificación das devanditas probas prácticas considéraselle como presentado con cualificación 0 Suspenso. A nota desta compoñente reducirase en función do número de entregas non realizadas na data límite prevista
Aqueles alumnos que non alcanzasen o mínimo nalgunha das probas calificables, farán media ata unha puntuación máxima de 4,5 en avaliación continua.
Todos e cada un dos alumnos que non superasen a materia durante a avaliación continua teñen dereito a recuperar a materia en convocatoria ordinaria. Aqueles alumnos que desexen subir a súa nota de avaliación continua poderanse presentar tamén a esta convocatoria ordinaria, nese caso o exame final constituirá o 100% da nota final, sendo necesario alcanzar un mínimo de 5,0 puntos para superar a materia. Enténdese que a nota obtida no exame substitúe, en caso de ser superior, á obtida mediante a avaliación continua da materia ao longo do cuadrimestre.
De igual maneira, todos e cada un dos alumnos que non superasen a materia en primeira convocatoria teñen dereito á realización dun exame extraordinario en segunda convocatoria. Dito exame constituirá o 100% da nota final, sendo necesario alcanzar un mínimo de 5,0 puntos para superar a materia.
INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético
axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo
42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de
Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022,
do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación,
progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a
incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de
procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a
cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta
da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a
cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das
posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se
utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona,
verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o
uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en
tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou
gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións
para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou
adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer
referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.),
especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado
na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software,
data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da
ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de
IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas
descritas no parágrafo anterior. |