Tema |
Subtema |
Tema 1. Introdución á topografía.
Obxectivos: Actualizar e revisar os conceptos adquiridos por os alumnos nas asignaturas previas de topografía dentro da formación específica militar. Consolidar un coñecemento científico dos fundamentos da topografía.
|
1.1 Definicións. Relación da Topografía con outras ciencias. Xeodesia e Topografía. Forma da Terra: xeoide e elipsoide. Métodos xeodésicos. Sistemas de referencia xeodésicos. Datum ou punto astronómico fundamental. Base e triangulación xeodésica. Xeodesia por satélite. Límite dun levantamento topográfico. Influencia da curvatura terrestre en planimetría e en altimetría.
1.2 Sistemas de representación gráfica. Proxeccións. Sistema de planos acotados. Representación gráfica do terreo. Mapas, cartas e planos. Escalas gráficas e numéricas. Triangulación, redes xeodésicas e topográficas.
1.3 Cartografía. Proxeccións cartográficas. Deformacións e escala local. Clasificación das proxeccións. Proxección de Mercator. Proxección UTM. Cuadrícula UTM.
1.4 Coordenadas: coordenadas cartesianas e polares. Coordenadas xeográficas. Transformación de coordenadas. Liñas e distancias. Concepto de liña xeodésica. Ángulos e aliñacións. O campo magnético terrestre. Declinación magnética. Rumbo e azimut. |
Tema 2. Instrumentos e equipos usados en topografía.
Obxectivos: Identificar e coñecer os diferentes instrumentos e equipos que se usan en topografía. Adquirir habilidade e destreza no manexo básico de equipos topográficos reais que utilizarán os alumnos nas prácticas da materia.
|
2.1 Observacións topográficas. Incerteza e erros en topografía. Conceptos xerais de óptica xeométrica. Instrumentos ópticos. Prismas e lentes. Anteollos. Anteollo topográfico.
2.2 Elementos topográficos auxiliares: trípodes, niveis, plataformas nivelantes, plomadas. Teodolitos e taquímetros. Limbos, nonios e micrómetros. Goniómetros e goniógrafos.
2.3 Estación total. Funcionamento da estación total.
2.4 Sistema de Posicionamento Global (GPS). Emprego do GPS en xeodesia e topografía.
2.5 Unidades de medida: lonxitude, superficie, unidades angular. Sistemas centesimal e sexagesimal. Transformación de unidades entre sistemas.
2.6 Medida de ángulos horizontais e verticais. Erros. |
Tema 3. Métodos topográficos: planimetría e altimetría.
Obxectivos: Coñecer e aplicar os métodos de planimetría para representar adecuadamente un terreo sobre unha superficie plana. Coñecer e aplicar os métodos de altimetría para representar correctamente a altura e o relevo dun terreo.
|
3.1 Métodos planimétricos. Método de abscisas e ordenadas a un só eixe. Método de descomposición en triángulos. Método de aliñacións. Método de radiación. Itinerario ou poligonación. Método de interseccións: intersección directa e inversa, intersección mixta, solucións gráficas e numéricas.
3.2 Métodos altimétricos. Niveis e miras: descrición. Plano de comparación: cotas, diferenzas de nivel e altitude. Nivelación trigonométrica. Nivelación xeométrica.
3.3 Modelo dixital do terreo (MDT). Curvas de nivel.
3.4 Interpretación de planos. Visibilidade entre dous puntos no terreo. |
Tema 4. Aplicacións da topografía.
Obxectivos: Ser capaz de aplicar os contidos teóricos e prácticos da topografía para a realización dos diferentes traballos topográficos e as súas aplicacións na construción así como noutros ámbitos.
|
4.1 Levantamentos topográficos, catastrais e urbanos. Topografía de minas e túneles. Levantamentos para proxectos de enxeñaría. Deseño dun proxecto topográfico.
4.2 Perfís: lonxitudinais e transversais. Movemento de terras: talude e desmonte. Obra civil. Replanteos.
4.3 Organización defensiva do terreo. Construción de camiños e pistas.
|
Tema 5. Introdución á xeomática.
Obxectivos: Coñecer as diferentes técnicas xeomáticas de elaboración cartográfica.
|
5.1 Definición e fundamentos da xeomática como fonte de datos en proxectos de documentación cartográfica.
5.2 Introdución os sistemas de largo alcance: teledetección espacial. Sensores Landsat e Spot.
5.3 Introdución os sistemas de rango cercano: fotogrametría e tecnoloxía LiDAR (sistemas aéreos e terrestres).
5.4 Introdución á prospección xeofísica: xeorradar e acústica (sónar). Batimetrías. |
Tema 6. Sistemas de Información Xeográfica.
Obxectivos: Coñecer e aplicar os fundamentos dos Sistemas de Información Xeográfica, así como o manexo de grandes cantidades de datos de representación do terreo en diversos formatos.
|
6.1 Concepto de Sistema de Información Xeográfica (SIX). Diferenzas entre SIX, base de datos e CAD.
6.2 Conceptos sobre información xeográfica e espacial: datos e metadatos. Modelo ráster e vectorial. Xeoprocesamento. Dixitalización e xeorreferenciación de datos.
6.3 Principais aplicación dos SIX na xestión e ordenación do terreo. SIX militar.
6.4 Fases dun proxecto SIX. Conceptos básicos de Cartografía Temática.
6.5 Fontes de datos cartográficos. Os SIX web e as Infraestructuras de Datos Espaciais (IDE). |
Tema 7. A fotogrametría e as súas aplicacións.
Obxectivos: Coñecer as técnicas da fotogrametría e as súas aplicacións tanto no ámbito civil como no militar. Comprender a importancia da fotogrametría como ferramenta para producir mapas e planos, así como a súa utilidade para xeorreferenciar un territorio.
|
7.1 A fotografía aérea e as súas aplicacións. A fotografía como perspectiva cónica. Tipos de fotografías aéreas. Fotografía aérea e plano: comparación.
7.2 Fotogrametría. Xeneralidades e definicións. Aplicacións. Xeometría perspectiva. A cámara aérea e a cámara métrica. Orientación interna. Identificación de raios homólogos. Orientación externa da cámara. Puntos de apoio. Intersección dos raios homólogos. Restitución fotogramétrica. Precisión dos levantamentos fotogramétricos.
7.3 A ortofotografía. A fotogrametría de obxectos cercanos. Instrumentos de medida. Métodos. Aplicacións: fotogrametría industrial, fotogrametría aplicada a obra civil e arquitectura. |
Práctica 1. Primeiro contacto coa instrumentación topográfica.
|
Estación total e medición de superficies. |
Práctica 2. Planificación dun levantamento topográfico en campo e deseño dun itinerario pechado.
|
Método de itinerario en campo. |
Práctica 3. Método de radiación en campo.
|
Adquisición de puntos de recheo. |
Práctica 4. Elaboración da nube de puntos e cálculo de coordenadas.
|
Xeración de planimetría. |
Práctica 5. MDT. Edición e Curvado. Perfís lonxitudinais e transversais.
|
Xeración de altimetría. |
Práctica 6. Desenvolvemento dun caso de estudo SIX.
|
Xeoprocesamento e producción cartográfica. |
Práctica 7. Sesión adicada á presentación de proxectos.
|
Avaliación do proxecto de campo sobre elaboración dun levantamento topográfico. |