A materia Máquinas e Motores Navais constitúe a culminación dos estudos de sistemas térmicos e enerxéticos xa iniciados en Termodinámica e Transmisión de Calor, e continuados en Enxeñaría Térmica I. Esta disciplina require dunha base conceptual necesaria para a súa correcta comprensión.
Ademais, o alumno debe posuír:
- Capacidade de comprensión escrita e oral ben desenvolvida.
- Capacidade de abstracción, cálculo básico e síntese da información.
- Destrezas para o traballo en grupo e para a comunicación en grupo. |