A proba final confeccionarase atendendo ás seguintes características. En primeiro lugar, debe ser completa, é dicir, aspirará a cubrir toda a materia impartida, posto que se trata de xulgar o que o alumno sabe dunha materia, non dunha parte dela. En segundo lugar, debe conter problemas e cuestións, a fin de verificar a madurez intelectual dos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ondas teorías expostas na clase. En terceiro lugar, debe proporcionar un peso maior a aquela parte da materia que non sexa xa avaliada nas probas de avaliación continua previas. En cuarto lugar, a proba constará de duas partes, unha primeria que comprenda o contido do Bloque (13) e unha segunda cos Bloques (2 e 3). Realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. As probas intermedias (2) teñen por obxecto un mellor seguimento da materia por parte do alumno, e nas que se avaliarán parte dos contidos. Cada unha das probas intermedias tendrá un peso proporcional (12,5%). O ensino baseado en proxectos de aprendizaxe realizarase a través de traballo en grupos de alumnos, e suporá o 25% da nota. O proxecto deberá ser avaliado de maneira que se garanta a exixíbilidade individual e a interdependencia positiva, isto é, todos os membros do grupo deben traballar e contribuído ao produto final e deben dominar, minimamente, todos os aspectos do proxecto. Todos deben demostrar, por tanto, coñecemento profundo do produto entregado, independentemente da parte na que centrasen os seus esforzos.
A avaliación das prácticas levará a cabo mediante memorias, onde se avaliará ao alumno sobre os coñecementos adquiridos no laboratorio. Suporá o 10% da nota.
A avaliación sumativa final do alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa nota de avaliación continua NEC).
Para superar a materia por Avaliación Continua, a nota final (NEC) deberá ser maior ou igual a 5, e calcularase do seguinte modo:
NEC = 0,40*PF +0,25*PI + 0,25*EBP + 0,10*MP
Si a NEC é menor de 5, o alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota.
Ademais, o alumno deberá presentarse ao exame ordinario nos seguintes supostos: - A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.
- Obter alomenos un 4 sobre 10 na proba final de avaliación continua.
En calquera destes supostos, a nota de avaliación continua calcularase como: NEC FINAL = min (4, NEC)
Tamén poderán acudir ao exame ordinario todos aqueles alumnos que desexen mellorar a súa cualificación obtida por avaliación continua.
Tanto no exame ordinario como no extraordinario (convocatoria de xullo) avaliaranse todas as competencias da materia.
COMPROMISO ÉTICO:
Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. |