Sobre as prácticas
O feito de non presentar a memoria dunha práctica
dentro de prazo sen causa debidamente xustificada implica a cualificación de 0
en dita práctica. O alumno será o responsable de notificar o motivo polo
que non presentou a memoria en prazo, póndose en contacto co
profesor responsable da práctica á que correspondería dita memoria,
antes da publicación das cualificacións de dita práctica. O profesor
será quen determine si o motivo é válido ou non.
En caso de non presentar algunha memoria de
prácticas dentro de prazo por causa debidamente xustificada, o alumno poderá
compensar a avaliación dun máximo dunha memoria coa avaliación das
memorias restantes. Calquera exceso sobre este número implicará a
recuperación da práctica segundo dispoña o profesor responsable da mesma,
ben realizándoa en data a convir, ben realizando un traballo monográfico
sobre os contidos de dita práctica.
Esíxese unha nota mínima de 4,0 puntos, sobre
10, para superar a materia.
Nota final e requisitos mínimos para superar
a materia mediante avaliación continua
Para
asegurar que o alumno adquiriu as destrezas mínimas en cada un dos
aspectos da materia esixirase aos alumnos que alcancen unha nota mínima
de: 4,0 sobre 10 no exame final,
e 4,0 sobre 10 na avaliación das
memorias das prácticas. O
alumno superará a materia cando, superando ambos os mínimos de
forma simultánea, o computo da nota total de avaliación continua (NEC) sexa igual
ou superior a 5,0 puntos sobre 10. No caso de que non se chegue á nota mínima
nalgunha das partes, a nota final de avaliación continua será menor ou
igual a 4,0.
O alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe
presentarse ao exame ordinario para superar a materia.
Exame ordinario
A nota final do exame ordinario (NEO) distribúese de forma similar ao establecido para avaliación continua 80% Teoría e 20% Práctica. Realizarase unha única proba, de realización
individual, na que se englobarán todos os contidos da materia,
tanto teóricos como prácticos. O exame terá unha duración aproximada de 3
horas. Este exame poderá ter a forma de cuestionario tipo
test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha
combinación das anteriores.
O
alumno superará a materia cando a NEO sexa igual ou superior a 5,0 puntos sobre 10. O
alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe presentarse á
convocatoria extraordinaria.
Nota de primeira convocatoria
A
nota da primeira convocatoria calcularase como o máximo entre a nota de
avaliación continua (NEC) e a nota do exame ordinario (NEO).
Convocatoria extraordinaria
Realizarase un exame extraordinario para
aqueles alumnos que non superen a materia no exame ordinario. O
formato e os requisitos serán os mesmos que os do exame ordinario.
Integridade Académica
Agárdase
que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose
a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento
sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde
DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de
avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de
formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a
utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así
como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na
acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que
sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo
das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan
producirse.
Na realización das actividades académicas desta
materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia
Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e
responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados
que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e
declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de
IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou
gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para
reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato
de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos
producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os
seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na
consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na
que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A
detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración
de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.
|