Tema |
Subtema |
Tema 1. Introdución |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo deste tema é introducir os conceptos básicos necesarios para a comprensión da propagación de ondas electromagnéticas e as ferramentas necesarias para analizar o seu funcionamento e características, tales como a análise espectral como os decibeis.
Índice do tema
1.1 Perspectiva histórica: De Oersted a Marconi
1.2 Repaso de conceptos fundamentais
1.3 Ecuación da onda viaxeira
1.4 Espectro electromagnético
1.5 Decibeis |
Tema 2. Antenas |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo deste tema é introducir o funcionamento das antenas e a súa caracterización, numérica e gráfica. Presentaranse diferentes tipos de antenas e ámbito de aplicación.
Índice do tema
2.1 Radiación en espazo libre
2.2 Parámetros das antenas:
2.3 Diagramas de radiación
2.4 Tipos de antenas |
Tema 3. Enlace |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo é que o alumno visualice o sistema de radiocomunicación como un todo e que sexa capaz de valorar cuantitativamente a súa viabilidade e rendemento en circunstancias reais.
Índice do tema
3.1 Ecuación de Friis
3.2 Ruído
3.3 Interferencia
3.4 Dispoñibilidade |
Tema 4. Radiopropagación |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo deste tema é que o alumno se familiarice cos mecanismos de propagación de ondas electromagnéticas en escenarios máis complexos e realistas, así como das diferentes estratexias existentes para a comunicación a longas distancias
Índice do tema
4.1 Influencia do terreo.
4.2 Onda de superficie
4.3 Onda ionosférica
4.4 Onda espacial |
Tema 5. Modulacións |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo deste tema é que alumno entenda como poden utilizarse as ondas electromagnéticas para transportar información, introducir o concepto de modulación, os seus tipos, características e limitacións.
Índice do tema
5.1 Conceptos básicos
5.2 Modulaciones analóxicas
5.3 Conversión A/D
5.4 Modulaciones dixitais
5.5 Multiplexado |
Tema 6. Sistemas actuais |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo deste tema é dar a coñecer ao alumno os distintos sistemas de radiocomunicacións existentes na actualidade
Índice do tema
6.1 Xestión de frecuencias radioeléctricas
6.2 Sistemas de comunicacións móbiles
6.3 Sistemas de comunicacións vía satélite
6.4 Sistemas de radionavegación
6.5 Sistemas de radiocomunicacións na Armada |
Proxecto I+D |
Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo do proxecto de I+D é permitirlle ao alumno que aborde o estudo dun tema da súa elección, que sexa compatible cos contidos do curso. Permíteselle buscar solucións a problemas abertos e a selección de métodos e ferramentas. Así mesmo, o alumno exercítase na síntese de resultados en formato multimedia.
Durante esta sesión revisaranse os resultados dunha selección de grupos, en función de calidade e idoneidade cos contidos do curso. |
Práctica 1. Introdución |
Obxectivos:
Exporase ao alumno retos e exercicios abertos que reforzarán conceptos e unidades fundamentais. Utilizaranse laboratorios virtuais nos que o alumno visualizará a propagación de ondas electromagnéticas, e os seus parámetros fundamentais.
Traballarase con unidades naturais e logarítmicas, realizando conversiones entre unidades. Operacións manuais ou calculadora e apoiándose en Matlab para verificación. |
Práctica 2. Antenas |
Obxectivos:
Mediante o uso do adestrador de Lucas-Nülle sobre fundamentos de antenas, os alumnos estudarán os parámetros característicos das mesmas, observando as distintas características en función do tipo de antena utilizada (monopolo, dipolo, Yagi-Uda, antena de ranura,etc.).
Mediante software de simulación realizaranse exercicios de caracterización de sistemas de antenas. |
Práctica 3. Enlace |
Obxectivos:
Con esta sesión práctica preténdese que o alumno se familiarice co uso da ecuación de Friss, identificando e manipulando todos os termos implicados neles, así como outros parámetros involucrados na calidade do enlace, como relaciones sinal a ruído.
Exporáselle ao alumno a resolución dun caso práctico de enlace utilizando software de simulación. |
Práctica 4. Satélite |
Obxectivos:
Os alumnos establecerán comunicación cun ou varios satélites xeoestacionarios, deberán localizar a posición do satélite, apuntar a antena e describir as características do sinal recibido. |
Práctica 5. Radiopropagación |
Obxectivos:
Búscase que o alumno se familiarice cos distintos escenarios de propagación de ondas, observando os efectos que ten sobre a mesma en función do mecanismo de propagación utilizado.
Para iso exporanse varios escenarios de propagación de onda nos cales os alumnos deberán identificar distintos tipos de propagación axudándose dunha antena calibrada e un medidor de campos. En caso de non dispor dos equipos, realizarase unha simulación de enlace entre dous puntos por onda ionosférica e por onda de superficie. |
Práctica 6. Modulacións analóxicas |
Obxectivos:
O alumno familiarizarase coas modulacións e conceptos relacionados (banda base, ancho de banda de transmisión, etc.) Exponse ao alumno unha serie de exercicios baseados no software de radio definida por software (Pothosware e GNURadio) para que compare distintas modulacións analóxicas en termos de calidade e eficiencia en ancho de banda.
Tamén se realizarán probas de demodulación de sinais AM e FM. |
Práctica 7. Modulacións dixitais |
Obxectivos:
Mediante simulación, estudaranse os conceptos, así como a influencia do tipo de modulación dixital seleccionada na determinación da BER.
Os alumnos traballarán coas modulacións ASK, QPSK e QAM, observando a influencia dos parámetros involucrados, comparando as súas características e estudando os distintos métodos de demodulación. |